Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

jueves, 14 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Este ano o tema común foi o das PROFESIÓNS. Pasámolo en grande preparando os nosos disfraces, as coplas e as actuacións.


MONEY, MONEY, MONEY....

Disfrutade das nosas actuacións como disfrutamos nós.


lunes, 4 de febrero de 2013

MANDADIÑOS DE MANOLO

Hoxe houbo algún da clase que veu sen garavata e volveu para a casa cunha garavata pintada na cara. Di Manolo que mañá hai que traer calcetíns altos de cores así que o que non os traia, imaxinade o que vai levar na cara, jajaja

viernes, 1 de febrero de 2013

MANDADIÑOS DE MANOLO

Chega o Entroido e para esta semana xa sabedes que o esquelete Manolo empeza a mandar. Para o luns temos que buscar unha garavata. Pero non vale unha seria e formal!!! A ver o que atopades polos armarios...

ASÍ TRABALLA, ASÍ, ASÍ ....

Calquera o diría!!! Están encantados estudiando xeografía de España cos mapas interactivos do noso blog. Xogan e aprenden ao mesmo tempo!!